Ás 22h. desta noite de Xoves Santo a imaxe do Nazareno, portada por membros da súa confraría, saída da igrexa de San Mauro no Barco para percorrer a vila na tradicional Procesión do Silencio.
Tras deixar atrás a praza, na rúa de San Mauro (rúa Escura) a comitiva relixiosa continuaba polas rúas Pérez Lista para despois xirar en Marcelino Suárez ata regresar de novo á igrexa de San Mauro. Posteriormente, ás 23h. comezaba a Hora Santa na igrexa de Santa Rita.
Fotos: A.R.