
O Entroido dá para moito. Para divertirse mantendo as tradicións pero tamén para deixar voar a imaxinación. Aproveitando estas data e botando man do inxenio, no Bar O Callejón de Viana do Bolo teñen estes días unha oferta moi especial, e non falamos de copas.
A súa responsable, Tatiana, adoita facer camisetas e bolsos e este ano deulle por facer roupa íntima “polo cachondeo do Entroido”, di, en concreto calzóns e tangas coa imaxe dun boteiro, recoñecendo que empezou hai unha semana e xa leva vendidas unhas cantas, os tangas a 3 euros e os calzóns a 5.




