Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

A importancia do plan de parto, na 6ª Semana da Lactación Materna do Barco

Publicidade
A avogada vianesa especializada en temas da muller Ana María García impartía un relatorio sobre este tema no local de De Nai a Nai

Por que é importante un plan de parto, quen debe tomar a decisión e cando. Son algunhas das cuestións ás que se daba resposta no relatorio “A importancia do plan de parto no inicio da lactación materna”, que impartía na tarde do 10 de outubro no Barco a vianesa Ana María García, avogada especializada en temas da muller e asesora de lactación.

Comezaba a súa intervención explicando de onde xurde a necesidade de preparar un plan de parto, aludindo tamén ao adestramento, á integración do momento da maternidade e ao traballo de expectativas. Falaba do parto en casa e do parto hospitalario, así como das etapas a ter en conta no plan de parto.

Esta conferencia estaba precedida pola presentación da nova páxina web da asociación De Nai a Nai, denaianai.com, a cargo da presidenta desta entidade, Lorena Prada. Con esta actividade vén de completarse o programa de actos da 6ª Semana da Lactación Materna no Barco, que comezaba o 7 de outubro organizado por De Nai a Nai.

Fotos: A.R.

 

Páxina de inicio da nova web do Grupo de apoio á lactancia e crianza con apego “De Nai a Nai”.

Artigos relacionados

Back to top button