Ante o estado de alarma decretado polo Goberno de España para loitar contra o Covid-19, toda axuda é pouca. E o papel que están desenvolvendo os voluntarios de Protección Civil nos diferentes concellos, é simplemente impagable.
Un exemplo témolo en Petín, onde os membros da AVPC non só levan a cabo os necesarios e importantes labores de desinfección en rúas e espazos públicos, senón que tamén se encargan de levar alimentos e medicinas aos veciños que o necesitan de diferentes pobos do municipio.
Con respecto ás tarefas de desifección, con produtos mercados polo Concello, o 1 de abril comezaron a segunda pasada tanto por Petín como polo restode pobos do concello, facendo especial fincapé no Centro de Saúde, a praza, a farmacia e a panadería por ser, segundo Protección Civil “os puntos con maior volume de xente”.
Fotos: Carlos G. Hervella e Protección Civil de Petín



