EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A influencer de viaxes @Akkicris89 promocionará a Ruta do Viño do Ribeiro e os seus recursos turísticos

Visitará varios recursos da Ruta do Viño do Ribeiro que difundirá a través das súas redes, tiktok e Instagram

 

A influencer Cristina Rodríguez Box será a encargada de exercer de embaixadora da Ruta do Viño do Ribeiro durante os días 22 e 23 de maio. A través das súas redes sociais, co nome de @akkicris89, a influencer alacantina, especializada en viaxes e destinos turísticos a nivel internacional, ofrecerá imaxes sobre os lugares de interese e os puntos turísticos do territorio que abrangue a Ruta do Viño do Ribeiro co obxectivo de achegar aos visitantes a todos aqueles recursos máis senlleiros e característicos da enocomarca ribeirá. Akkicris89 compartirá, tanto en Instagram como en Tiktok, as imaxes dos sitios visitados así como las situacións que viva en directo.

Na súa estancia no Ribeiro fará un percorrido polos diferentes puntos da comarca destacando o seu carácter diferenciador como territorio termal, cultural e enoturistico de referencia. Incluirá unha visita a adegas, pazos, centros termais e ao Museo do Viño de Galicia como mostra da importancia do patrimonio histórico ligado á cultura do viño do que o Ribeiro é un referente en Galicia.

“Esta acción é unha mostra máis de que a aposta da Ruta do Viño por converter ao Ribeiro nun destino turístico de calidade e desestacionalizado non son palabras baleiras, son promesas que se transforman pouco a pouco en realidades”, sinala o seu presidente. Asemade apunta que dende esta Ruta “consideramos relevante destacar, xunto á actividade vitivinícola, o patrimonio cultural, a paisaxe e o termalismo como factores diferenciadores deste territorio con capacidade de atracción para o turismo, de aí, que sexan outros recursos que se promocionarán nesta viaxe.”

Esta acción coordinada pola Ruta do Viño do Ribeiro está financiada integramente pola Deputación Provincial de Ourense marco do apoio que durante estes anos está a prestar para a realización de actividades de promoción turística neste territorio histórico da provincia de Ourense.

Dende a Ruta do Viño do Ribeiro se integra esta acción no plan de actividades do ano 2023 centrado fundamentalmente na promoción dos recursos enoturísticos do territorio co obxecto atraer visitantes motivados pola cultura do viño en particular e polo turismo sustentable en xeral. O sector enolóxico como as adegas e o turísticos como restaurantes, aloxamentos e guías, están adaptando as súas propostas e experiencias á nova demanda do público ofrecendo experiencias innovadoras e de calidade. O enoturismo é un sector que experimentou unha demanda ascendente nos últimos anos, esta tendencia estase a recuperar despois do parón da crise sanitaria.

@akkicris89

Cristina Rodríguez Box, cuxo nome artístico é Akkicris89, é creadora de contido travel and lifestyle influencer. Estudiou Dereito en Barcelona e especializouse en cooperación internacional e diplomacia. Traballou durante un tempo en organismos públicos en diferentes países ata a pandemia momento no que tivo a oportunidade de reinventarse e de desenvolver o seu lado máis creativo a través das redes sociais. Hoxe en día dedícase con éxito á divulgación e promoción de destinos e servicios turísticos e máis á comunicación dixital.

Akkicris posúe 640.000 seguidores na rede Tik Tok, 313.500 en Instagram, 25.000 lectores en Tripadvisor y 2.000 impresiones mensuales en akkicris.site. Estes datos a avalan como unha das influencers españolas en materia turística de maior prestixio e que este ano estivo nominada aos premios IATI, que recoñecen o talento e o traballo da comunicación dixital de viaxes de España.

Artigos relacionados

Back to top button