EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Viticultores do Ribeiro participan nun curso sobre poda en viña, en Ribadavia

 

Arredor dunha vintena de viticultores do Ribeiro participaban na xornada deste martes 12 de marzo no curso sobre poda en viña impartido pola Oficina Agraria Móbil da Consellería do Medio Rural en Ribadavia. A acción formativa desenvolveuse no lugar de Eira de Mouros, na parroquia de Santo André, e tivo unha parte teórica e outra práctica, con labores en parcela.

O obxectivo fundamental desta actividade é difundir entre os viticultores da zona un sistema de poda mais respectuoso e que mitigue a incidencia das enfermidades da madeira na vide. Este foi o segundo curso impartido pola Oficina Agraria Móbil na capital do Ribeiro nos últimos meses. O anterior tivo lugar en decembro pasado e nel participaron outros 15 viticultores. A inscrición nestas accións formativas foi totalmente gratuíta, ata completar aforo.

 

Artigos relacionados

Back to top button