EconomíaEconomíaÚltima hora

A iniciativa Estrelas solidarias no Camiño de Santiago reúne a máis 30 cociñeiros que suman 80 estrelas Michelin

 

A iniciativa Estrelas solidarias no Camiño de Santiago reunía neste 10 de xuño a máis de 30 cociñeiros que suman 80 estrelas Michelin en Santiago. O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, acompañábaos durante un treito do Camiño de Santiago, no Monte Gaiás.

O vínculo entre gastronomía e Camiño de Santiago son dous dos símbolos de Galicia claves no éxito turístico que se está a experimentar. Rueda agradeceu aos cociñeiros o seu labor como embaixadores da cociña e os produtos galegos por todo o mundo e aos irmáns Barqueiro -propietarios de Casa Barqueiro- que manteñan esta cita gastronómica que cada ano permite exaltar a gastronomía galega con fins solidarios, nesta ocasión para recadar fondos para a Asociación Galega da Síndrome X Fráxil.

Artigos relacionados

Back to top button