CulturaCulturaÚltima hora

A iniciativa poética “Arricando marcos” recalará o 2 de abril en Vila Real (Portugal)

Nesta terceira edición participan catro poetas galegos: Eduardo Estévez, Esther F. Carrodeguas, Marga Tojo e Samuel L. París

 

 

A poesía galega recalará o vindeiro día 2 de  abril ás 21h. á localidade portuguesa de Vila Real, un dos centros vitais de Trás-os-Montes, da man da iniciativa “Arrincando marcos”. “Nesta terceira edición seguiremos teimando en achegarnos a Portugal, porque necesitamos respirar, e nada mellor que facelo nese aire trasmontano que nos leva á Gallaecia da que todos vimos”, din dende Edicións Positivas, promotora da iniciativa.

E ademais desta volta, engade Positivas, “iremos convidados pola activa Livraria Traga-Mundos. E facémolo con catro poetas distintos, pero que ben representan o ricaz panorama da poesía actual en Galicia”. Eses poetas serán Eduardo Estévez, Esther F. Carrodeguas, Marga Tojo e Samuel L. París.

Ademais para o día 3 de abril está prevista unha á Casa-Museu Miguel Torga, “un dos inmensos escritores que deu a literatura portuguesa, e quizais o que máis influencia tivo na literatura galega”, sinalan dende Edicións Positivas.

Artigos relacionados

Back to top button