OurenseÚltima hora

A IV Andaina Solidaria Barbadás será en beneficio de AFAOR

A proba celebrarase o vindeiro 23 dw outubro con dúas rutas, de 8 e 16 km

 

Deporte e solidariedade volverán darse a man o vindeiro 23 de outubro na ‘IV Andaina Solidaria Barbadás’, organizada pola Asociación de Vecoiños A Nosa Aldea de Barbadás coa colaboración do Concello, que este ano será a favor de AFAOR.

A andaina consta de dúas rutas, unha curta de 8 km e outra máis longa de 16 Km que partirán do CIM de Barbadás ás 9:30h.

Os interesados en participar poden inscribirse a través de internet no seguinte enlace https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/iv-andaina-solidariabarbads# registrations ata o 20 de outubro. O custo da inscrición é de 10 euros para os adultos e 5 euros para os menores de 13 anos. Obsequiarase a cada participante cunha camiseta técnica da proba, avituallamento nos puntos habilitados, así como con un aperitivo ao rematar a proba.

Os inscritos poderán recoller o seu dorsal unha hora antes do comezo da proba no punto de saída presentando o DNI, así como o xustificante de inscrición.

Artigos relacionados

Back to top button