
A IV BTT da Ruta do Viño Valdeorras, unha iniciativa xurdida para promocionar o territorio vitivinícola desta comarca e vinculalo a a práctica deportiva, incorpora novidades. A cita será o próximo 20 de octubre e desenvolverase integramente no municipio do Bolo, ofrecendo aos participantes a posibilidade de elixir entre dúas rutas non competitivas: unha longa de 45 quilómetros e outra de 36,5 quilómetros.
Con 117 participantes xa rexistrados, esta proba sobre dúas rodas segue consolidándose como un evento clave no calendario deportivo valdeorrés, reunindo tanto a afeccionados ao ciclismo como a amantes do viño e da natureza.
O percorrido permitirá gozar das paisaxes características de Valdeorras, rodeados de viñedos e patrimonio natural.
Novidade para acompañantes: visita ao castelo e cata de viños
Unha das novidades desta edición é a organización dunha actividade complementaria e gratuíta para os acompañantes. Mentres os ciclistas percorren a ruta, os acompañantes poderán gozar dunha visita guiada ao Castelo do Bolo, seguida dunha cata de tres viños.
Esta actividade está limitada a 20 personas e require inscrición previa a través do correo info@rutadelvinovaldeorras.com. “O evento segue crecendo e reafirma o seu obxectivo de unir a práctica deportiva coa promoción do viño e as paisaxes únicas de Valdeorras, ofrecendo unha experiencia completa que combina deporte, turismo e enoloxía”, din dende a organización.
Para máis información e inscricións, os interesados poden consultar a páxina web oficial da Ruta do Viño de Valdeorras.