DeportesÚltima hora

A IV Carreira valdeorresa contra o Cancro de Páncreas cambia de datas e será virtual

 

Novidades na IV Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Valdeorras. A organización deste evento deportivo e solidario, que promove na comarca ACAPAVAL (Asociación de Cancro de Páncreas de Valdeorras), vén de anunciar que se cambian as datas inicialmente fixadas para a proba, que finalmente se desenvolverá do 18 ao 21 de novembro. Deste xeito farase coincidir coa semana do Día Mundial do Cancro de Páncreas, como xa sucedera o pasado ano.

Esta iniciativa terá un formato similar ao do pasado ano, é dicir non será unha proba presencial, e o participante poderá elixir o horario no período establecido para a proba correndo, andando ou en bici.

Ademais, finalmente as entidades promotoras da Carreira das Cidades no marco español. ACANPAN e AESPANC, conseguiron os fondos necesarios para facer a carreira virtual, con aplicación incluida.

Máis información:
https://carreracancerpancreas.es/carrera-virtual/

Artigos relacionados

Back to top button