AutomobilismoDeportesÚltima hora

A IV Subida a Valdeorras incluirá un trofeo para históricos

A proba, entre Viloira e Santigoso (O Barco), celebrarase do 7 ao 9 de outubro

Publicidade
Subida a Valdeorras no ano 2001. /Foto. Carlos G. Hervella.

 

A IV Subida a Valdeorras, que se celebrará os días 7, 8 e 9 de outubro, contará cun trofeo moi especial,  patrocinado pola firma Fullslip (empresa distribuidora de lubricantes e produtos de automoción da súa propia marca e de Ravenol).

Trátase do TROFEO FULLSLIP HISTORIC, no  poderán participar os vehículos históricos en dous categorías, a PRE81 (coches turismo ou gran turismo homologados pola FIA matriculados antes do 31 de decembro de 1981) e a PRE90 (coches de turismo ou gran turismo homologados pola FIA matriculados entre o 1 de xaneiro de 1982 e o 31 de decembro de 1990) permitiéndose también a participación das réplicas dos vehícus orixinais do ambas as categorías.

Os premios para cada categoría serán trofeos para os tres primeiros equipos clasificados e agasallos e obsequios de produtos das firmas que representa.

 

Artigos relacionados

Back to top button