
Despois do segundo posto no campionato galego celebrado en Ferrol e o seu bo papel na preselección, ganando sen problemas os combates acorde co seu nivel, Lucía Herrero Valcarce participará no campionato de España de karate cadete/ júnior/ sub 21 que se celebrará do 22 ao 24 de novembro en Talavera de la Reina (Toledo).
A karateka barquense do KC River Stone, a única ourensá seleccionada pola Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas, competirá en kumite na categoría júnior feminino -53 kg.