DeportesKárateÚltima hora

A karateka valdeorresa Lucía Herrero, prata no campionato disputado de Mallorca

A deportista do KC River Stone do Barco era segunda en kumite Sub21 -55 kg no Mallorca Karate Clinic

Lucía Herrero Valcarce coa medalla de prata. /Foto: FGK.

 

Esta fin de semana está sendo moi boa para o deporte valdeorrés. Mentres Leticia Gil se proclamaba campioa de España absoluta en lonxitude e os pequenos do CD Rúa campións de liga, a karateka Lucía Herrero Valcarce (KC River Stone do Barco) lograba a medalla de prata no Mallorca Karate Clinic.

A deportista barquense era un dos membros da expedición galega neste campionato, especialmente pensado para preparar tanto as Olimpíadas como os Europeos que se está a disputar na illa mallorquina, proclamándose subcampioa en kumite Sub21 -55 kg.

A karateka barquense, no podio./ Foto: FGK.

 

No mes de marzo, Lucía Herrero era unha das afectadas polos positivos de Covid impedían a parte da selección galega de karate participar no campionato de España Sénior. Estaba preparada e tiña moita ilusión por competir, pero malia dar negativo na proba, por protocolo tiña que facer corentena. Tres meses despois, lograba desquitarse con esta medalla en Mallorca.

 

A expedición galega en Mallorca está formada por Martina Soto, Lucía Guerrero, Lucía Herrero, Simón Cancelo, Víctor Mallo e Nicolás Pinaque. /Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button