“Esto vai ser moi gordo. Se o ano pasado houbo 4.000 este ano ten que haber como mínimo 5.000”. Así de contundente se amosaba onte pola noite Roman Catarino, de La Granja Racing, en relación á KDD Racing que se celebra hoxe en Petín. E a xulgar pola cantidade de coches que había xa ás 11 da mañá, parece que se vai quedar curto.
Na zona do antigo Poboado de Iberdrola e dende as nove da mañá deste sábado 29 de xuño, están neste momento os coches que participarán nesta edición da quedada, sen dúbida unha das máis espectaculares con sorteos, exhibicións, agasallos, moita festa e pilotos do mellor de Galicia como Manuel Senra.
Chegados dende diferentes partes de España (A Coruña, Santiago de Compostela, Palencia, León, Zamora, Ponferrada,…) e tamén Portugal (incluso hai un coche inglés), permanecerán expostos os vehículos (tamén hai motos) ata o momento, en torno ás catro da tarde, no que collan rumbo á explanada en Mones onde terá lugar a gran festa do motor.
Axudando na organización está Proteción Civil de Trives, O Barco e Petín.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.
Máis información e fotos: