Superándose ano tras ano en asistencia e calidade, ás nove e media da mañá deste sábado 29 de xuño arrincaba a VII edición da KDD Racing que reunía a unhas catro mil de persoas chegadas dende diferentes partes de España.
Organizado por La Granja Racing, o programa poñíase en marcha coa apertura de inscricións na zona do antigo Poblado de Iberdrola onde ian chegando os coches (máis de 1.700). En torno 14h. estaba previsto o xantar e, a partir das 15:30h., na canteira de Mones preparábase unha zona de slalom na que os pilotos facían as decilias dos afeccionados. Entre eles Manuel Senra, piloto de rally coruñés que compite desde hai anos no Campionato de Galicia e de Montaña. “Do mellor de Galicia”, asegura Román Catarino, dende a organización. Xunto a el está Sito González, moi querido no mundo do motor, que viña a Valdeorras a presentar un proxecto de coche novo que ten.
Coma sempre a última hora da tarde procedíase á entrega de premios e ao sorteo de varios artigos, o máis destacado, un Ibiza Cupra A celebración continuaba con música na praza de Petín.

Fotos: O SIL.
Máis información e fotos:
A KDD Racing “máis espectacular” quenta motores coa exposición de coches en Petín