ConcellosTrivesÚltima hora

A loita pola igualdade “colle impulso” na Pobra de Trives cos actos do Día da Muller

O programa incluíu dúas conferencias a cargo de Ariana Fernández e Isabel Blanco

 

“Coller impulso” foi o título da conferencia que a farmacéutica e comunicadora Ariana Fernández ofrecía na mañá deste mércores 8 de marzo na Pobra de Trives, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller. A loita pola igualdade tamén colleu impulso cos actos do 8M programados no Concello e nos que tamén se incluíu a conferencia da actriz Isabel Blanco baixo o título “Grazas polas rosas, grazas polas espiñas”.

A alcaldesa, Patricia Domínguez, acompañou ao longo desta mañá a estas dos mulleres e ao artista Jacinto Ruíz na inauguración da exposición “Intimidade” que tiña lugar en Santa Leonor, escenario no que se conmemorou o 8M na Pobra de Trives e onde tamén se ofreceu unha degustación de produtos da terra aos asistentes que quixeron sumarse á reivindicación desta data.

Ademais, estaba previsto que esta tarde, a partir das 17 horas, comezara un contacontos organizado pola ANPA O Recreo, na biblioteca municipal porque “na educación está a clave para lograr a igualdade”, aseguran dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button