EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

A lousa incrementa nun 3,3% as súas vendas ao exterior no 2019

Durante o pasado ano exportábanse 467.947 toneladas desta pedra natural, segundo o Clúster da Pizarra de Galicia

Palé de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Medra a exportación de lousa ao exterior e tamén o valor deste produto por tonelada. Así se reflexa nos datos que vén de facer públicos o Clúster da Pizarra de Galicia. Así durante o 2019 comercilizábase fóra de España un total de 467.947 toneladas de produto por un valor de 255.033.186 euros. Con relación ao ano 2018, o volume de incremento das exportacións foi do 3,3% e a facturación ascendeu un 4,5%. “Estos datos evidencian o auxe dun sector que, tras os duros anos de crise, recupérase paulatinamente”, indica Víctor Cobo, presidente do Clúster.

Francia e Reino Unido encabezan o listado de países aos que as empresas da lousa exportan máis cantidade de produto, con 195.883 e 144.290 toneladas respectivamente. Despois están, por esta orde, Alemaña, Bélxica
e Irlanda. “Fóra de Europa, Estados Unidos é o país ao que máis volume de produto vendemos”, destaca Víctor Cobo.

 

Artigos relacionados

Back to top button