En portadaÚltima hora

A lousa non retomará a actividade o vindeiro luns

Pese a que as medidas do goberno o permiten, a maior parte do sector non volverá a funcionar ata o 26 de abril

Palé de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro luns 13 de abril, unha vez finalizada a Semana Santa, vólvese ás medidas iniciais do estado de alarma aplicadas polo Goberno de España dende o 14 de marzo. É dicir, podería retomarse a actividade nunha serie de empresas consideradas non esenciais. Iso si, cunha importante matización: as empresas deberán poñer en marcha unha serie de medidas preventivas para reforzar as recomendacions fronte ao coronavirus que xa entón se deron.

Isto implica que poderán volver aos seus postos traballadores de sectores como a construción e a industria. Sen embargo, non todas as empresas van retomar a actividade. Entre as que non teñen previsto facelo están a gran maioría das empresas do sector da lousa.

“Aínda estamos no pico da curva e consideramos que se a finais de marzo se paralizou a actividade pensando na seguridade e na saúde dos traballadores, agora non se vai a retomar ata que a curva de contaxios comece a baixar. Iso é o que se decidiu na maior parte das empresas do sector en consenso cos representantes dos traballadores”, segundo indican dende a Federación Nacional da Pizarra.

O sector prevé retomar a actividade a partir do 26 de abril, “en función de como evolucionen os acontecementos”.

Máis información:
https://osil.info/quen-pode-regresar-a-traballar-a-partir-do-luns/

Artigos relacionados

Back to top button