ConcellosEn portadaGalerías de fotosTrivesÚltima hora

A maxia de Papá Noel envolve A Pobra de Trives

 

Na tarde do 24 de decembro, Noiteboa, A Pobra de Trives recibía con ilusión a esperada visita de Papá Noel. A chuvia obrigaba a cambiar o lugar elixido inicialmente para a recepción, trasladando o acto ata o Auditorio Julio Vázquez, pero iso non foi impedimento para que os cativos vivisen un día máxico.

 

 

Coa colaboración do Motoclub Os Esquíos que participou xunto ao Concello na Papanoelada moteira, Papá Noel chegaba nun descapotable vermello acompañado polos “elfos tolos” contando tamén coa actuación dos bailaríns do Ximnasio Trive’sport e compartindo a ilusión cos máis pequenos da casa.

 

Fotos: Rosa Codifoto.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button