Cunha gran diversidade de números, moito humor e interacción co público, o ilusionista Pedro Bugarín conquistaba aos rapaces de Asfaval na función que ofrecía este mediodía na Biblioreta Florencio Delgado Gurriarán do Barco.
Dende trucos con cartas e nós con codas ata un número de escapismo e outro de guillotina. Mesmo facía unha pequena representación de “Titanic”, con música e emoticonos, xa que era o filme que máis lle gustaba ao público, que o aplaudía encantado ao rematar a función.
Fotos cedidas.