CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

A Mezquita celebra a súa antiga Festa de Reis

 

Coa preparación dos tradicionais e fermosos ramos comezaba a antiga Festa dos Reis na Mezquita. Mezquita de todas as idades reuníanse na coñecida como “Casa dos Reis” para elaborar estes elementos ligados a esta celebración. Está feitos con diversa froita (como mazás ou laranxas), conchos e tamén con roscas.

 

 

Deste xeito márcase o inicio desta antiga tradición, na que agora participan tanto homes como mulleres (cada grupo cos seus cargos, reis e virreis, e banquetes diarios). Na pasada tarde íanse cantar os Reis e esta mañá a comitiva daba outra volta pola localidade para recoller os aguinaldos. A celebración inclúe banquetes colectivos (xantares e ceas) ata o remate da festa.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button