CulturaCulturaÚltima hora

A migración, feita conto e sentimento, no escenario do “De Perto”

Cris De Caldas e Amor Herrero presentaban na Casa Grande de Viloira (O Barco) o espectáculo "Ida e Volta"

 

“As persoas migrantes teñen o corazón dividido. E isto é algo ao que sempre me quedou na cabeza”, dicía Cris De Caldas, sobre o escenario do Ciclo De Perto, na Casa Grande de Viloira (O Barco), tras compartir un conto que vinculaba ambas beiras do Atlántico. Facíao tendo á súa beira á música Amor Herrera, moi preto do seu trombón.

 

 

Ambas dábanlle vida ao espectacúlo “Ida e Volta” na tarde deste 9 de xullo, na Sala Julián Trincado da Casa Grande de Viloira. Nesta función embarcaban ao público nunha singular viaxe polas historias da emigración, polas perdas e polas melloras, entre o físico e o emocional, pola diversidade cultural e a memoria.

Fotos: A.R./ Cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button