AletismoDeportesÚltima horaVídeos

A Milla Urbana regresa ás Festas de Verán da Rúa con máis de 100 participantes

 

Logo de tres anos de parón, na tarde deste venres 4 de agosto regresaba a Milla Urbana Nocturna. Facíao como naceu, no marco  das Festas de Verán da Rúa, cun gran ambiente entre deportivo e festivo no centro da vila.

En concreto era pola rúa Miguel de Cervantes por onde corrían os máis dun cento de participantes entre todas as categorías. Os primeiros en correr eran os chupetíns, nalgúns casos da man dos pais e a partir de aí íanse sucedendo as categorías (masculina e feminina).

A proba, organizada polo Club Atletismo Rúa, contou coa asistencia dos concelleiros do grupo de goberno Avelino Fernández e Luis F. Gudiña, encargados de entregar as medallas e tamén da alcaldesa María G. Albert que entregaba os trofeos.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button