OurenseÚltima hora

A mirada da fotógrafa Ofelia Cardo no Espazo de Arte de Roberto Verino, en Ourense

Ata o 8 de xaneiro de 2025 pode visitarse a mostra “Fronte a min” na planta baixa da tenda da rúa do Paseo en Ourense

O martes 5 de novembro inaugurábase Fronte a min, a mostra fotográfica de Ofelia Cardo que o Espazo de Arte de Roberto Verino acollerá ata o 8 de xaneiro.

Sobre a exposición, o curador Xosé Lois Vázquez asegura que “non hai inocencia. Nin excusa. Temos todo aí, se queremos coñecer; toda a sabiduría da especie ao noso alcance para avanzar por sendas máis apacibles e prometedoras. Xustas, humanas, gozando do noso contorno social e tamén o patrimonial: tanto o natural vivo como o xeolóxico; o inmaterial como o construído”.

 

Roberto Verino e Ofelia na inauguración da mostra.

 

Ofelia cuestiónase, e cuestiónanos, nada máis e nada menos que sobre o ser humano posto en contexto: cada ser arrastra unha liña de vida que elabora permanentemente en relación co resto dos se- res que o rodean e coa contorna natural. E elixe nesta exposición, un acento preciso: “o da Natureza que como unha losa, golpéanos coa mesma forza coa que a agredemos. Deféndese? Ou será que nos eliminamos nós a nós mesmos mediante o Sistema de interacción que temos xerado durante milenios? Sistema depredador e sen piedade que entre todas e todos toleramos, soportamos, aceptamos… “.

Sobre o Tránsito “este espazo expositivo funciona coma unha furna/universo que contén, entre dous retratos opostos certos sinais da hecatombe -máis tarde falaranos o segundo retrato-. Transitamos dende a instalación Poda y doma que mostra unha colección de operacións de domininación sobre a natureza que reconvirte as árbores, elemento fundamental da mesma, en escul- turas vivas postas en exposición coma se dun ordeado, metódico e despregado dosier forense se tratase: mera testemuña do acontecido; acaso un catálogo de mutilacións?

Do estaticismo que emana a instalación anterior, pasamos ao fluír na moi inquietante Mancha que se extiende. O evidente simbolismo parecería non necesitar texto. Pero hai máis: “o fluído domina o pétreo, o líquido informe dá visualmente forma ao soporte; o paradoxo é que, en realidade, son imaxes de esperanza: están invertidas as potencias de cada materia, de tal forma que a débil ou informe imponse sobre a poderosa e constituída”.

 

Verino e Ofelia Cardo.

 

Todas as operacións que realiza Ofelia en Fronte a min conteñen, de entrada, esta dobre advertencia: primeira, o ético non necesariamente casa coa beleza canónica; e segunda, todo ten significados máis aló da mera apariencia. É dicir, “fotografía en estado puro: o que ves, pode non ser”.

Xosé Lois Vázquez reflexiona sobre A Árbore “Domesticar, Cuerpo precario ou Árbol caído son estados diferentes de alteración física imposta, alteración conceptual e documentación intervida dun accidente, respectivamente, aos que están sometidas árbores diferentes que representan outros tantos iconos da Natureza. En todas estas operacións viólase o estado esencial árbore. Portar a máquina que te tortura, invertirte para dotarte de antropomorfismo ou segmentar, e polo tanto multiplicar, a exposición do teu estado accidentado, son outras tantas operacións que executan algunhas persoas sobre centos de miles de seres humanos física e simbolicamente; por exemplo, nos «Campos» nazis ou nas minas actuais; sobre as mulleres, as persoas non heterosexuais ou con corpos non normativos; no documentalismo de guerras, catástrofes, voyeurismo… Estas fotografías estannos a falar do pasado, dos errores e horrores, das alteracións perversas do fluír Natural, da carga das equivocacións. Da violencia inherente ás accións humanas”.

Artigos relacionados

Back to top button