EconomíaEconomíaEn portadaSociedadeÚltima hora

A modelo valdeorresa Lorena Guitián brilla na pasarela Cibeles

Foi unha das protagonistas sobre a pasarela da 73ª edición da MBFW Madrid que se celebrou en Ifema do 8 ao 11 de abril

 

En apenas un ano a modelo valdeorresa Lorena Guitián pasou de traballar nun estudo de arquitectura na Coruña, a desfilar para algunhas das firmas de moda máis destacadas a nivel internacional.

A súa estrutura física (delgada e case 1,8 m de estatura) levouna a destacar no mundo do atletismo sendo unha nena, concretamente en salto de altura, e anos despois volve destacar, pero desta volta sobre as pasarelas. Tras debutar con Yves Saint Lorent na Fashion Week de París hai apenas un ano e de desfilar para firmas como Hermès, Lacoste ou Valentino, a comezos de marzo deste 2021 desfilaba para Christian Dior no icónico Salón dos Espellos do Pazo de Versalles, en París. 

 

Lorena Guitián desfilando para Ágatha Ruíz de la Prada.

 

Da man da axencia de modelos View Management que apostou por ela, e malia ter desfilado sobre todo en París, neste ano que leva como modelo profesional Lorena tamén ten brillado na Mercedes Benz Fashion Week de Madrid, a mítica pasarela Cibeles. A primeira vez foi en setembro de 2020 e a segunda hai apenas unha semana, na 73ª edición de outono/inverno 2021/2022.

Do 8 ao 11 de abril, Lorena Guitián pisaba con forza sobre a pasarela madrileña (a primeira e única “híbrido-presencial” do circuíto internacional en 2021, cuxos desfiles puderon verse sobre a pasarela e a través da plataforma dixital debido á situación sanitaria), desfilando para firmas como Ágatha Ruíz de la Prada, Custo Barcelona, Isabel Sanchís, Lola Casademunt ou Otrura.

 

A modelo valdeorresa desfilando para Isabel Sanchis.

 

Fotos: Getty Images/ MBFWMadrid

 

 

Artigos relacionados

Back to top button