CulturaCulturaÚltima hora

A modelo valdeorresa Lorena Guitián, de visita nas Ermitas (O Bolo)

 

Dende o seu debut con Yves Saint Lorent na Fashion Week 2020 de París a modelo valdeorresa Lorena Guitián ten desfilado para algunhas das firmas de moda máis destacadas a nivel internacional (Hermès, Lacoste, Valentino, Christian Dior,…) sendo dende entón unha incondicinal sobre a pasarela da mítica Cibeles de Madrid, Mercedes Benz Fashion Week Madrid (MBFW), presente da dobre cita (outono/inverno e primavera/verán). A última foi hai menos dun mes, desfilando entre outros para Jorge Vázquez, Custo Barcelona, Isabel Sanchís ou a barcelonesa Teresa Helbig.

 

 

Natural de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) Lorena volve a casa sempre que pode e na mañá do domingo 8 de outubro visitaba o Santuario das Ermitas (O Bolo) acompañada por familiares e amigos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button