En portadaÚltima hora

A modelo valdeorresa Lorena Guitián, nunha nova edición da “Fashion Week” de Madrid

Está sendo unha das protagonistas sobre a pasarela da 74ª edición da mítica Cibeles que se celebra en Ifema ata o 19 de setembro

 

Dende o seu tardío debut no mundo da moda, nada máis e nada menos que para Yves Saint Lorent na Fashion Week de París 2020 a valdeorresa Lorena Guitián no deixou as pasarelas.

 

Lorena Guitián cun modelo de Hannibal Laguna.

 

Da man da axencia de modelos View Management, e en pouco máis dun ano, ten pisado forte polas mellores pasarelas internacionais, desfilado para firmas como Hermès, Lacoste, Valentino ou a mesmísima Christian Dior, pero sen deixar de lado os desfiles de casa, brillando con luz propia na Mercedes Benz Fashion Week de Madrid, a mítica pasarela Cibeles.

 

Lorena Guitián desfilando para Ágatha Ruíz de la Prada.

 

A modelo valdeorresa desfilando para Andrés Sardá.

 

A primeira vez que desfilou en Madrid foi en setembro de 2020, a segunda en abril deste 2021 e a terceira, está en pleno desenvolvemento. Lorena é unha das modelos presentes na 74ª edición da MBFW (primavera/ verán 2022), que dende onte e ata o domingo 19 de setembro reunirá en Ifema un programa basicamente presencial cun alto nivel de representatividade dos desfiles, aínda que mantén a súa aposta pola dixitalización, celebrándose unha edición máis en formato híbrido, con contidos a través de súa plataforma dixital.

Unha das grandes novidades desta edición da pasarela de referencia en España é o regreso de recoñecidos deseñadores do panorama nacional como Duarte, Duyos, Malne, Marcos Luengo, Pertegaz, Roberto Torretta e Teresa Helbig, xunto a outros nomes presentes nas últimas edicións, como Ágatha Ruíz de la Prada, ata un total de 25 firmas. Para moitas delas (Ágatha, Duyos, Fernando Claro, Andrés Sardá, Hannibal Laguna, Roberto Torretta, Lola Casademunt, Pertegaz,…) está a desfilar a modelo valdeorresa, ex atleta do Adas e arquitecta na Coruña.

 

Lorena cun deseño de Fernando Claro.

 

Lorena desfilando para Pertegaz.

 

Fotos: MBFWMadrid.

Artigos relacionados

Back to top button