CulturaCulturaEntroido 2023Última horaVídeos

A Morte e os Diabos percorren Vinhais na procura de mozas

 

Multitude de persoas vestían na tarde do 25 de febreiro a pel vermella do Diabo en Vinhais. Esta localidade do norte de Portugal acollía a celebración dos “Mil Diabos á solta”, na que estes personaxes propios do seu Entroido tomaban a vila, xunto coa Morte, nunha singular procesión que partía ás sete menos cuarto da tarde das proximidades da Igrexa de Nosa Señora da Encarnación, onde ás seis se celebraba a misa de imposición de cinsas.

 

   

 

Despois, un singular cortexo percorría a estrada principal da vila, encabezado polos personaxes da Morte, os Diabos e un carro no que estes ían deixando as mozas que ían capturando durante o percorrido, subíndose aos balcóns coa axuda de escadas. Da comitiva tamén formaba parte unha xigantesca figura da Morte e un grupo de gaiteiros.

 

 

No traxecto, que tampouco faltaban as escenificacións (entre elas unha centrada nos pecados capitais), concluía no Largo de Arrabaldo, onde as mozas cumprían co ritual de bicar a gadaña da Morte e, finalmente, coa queima da figura da Morte.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button