CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A mostra “Á Violencia de Xénero Dille NON” estará no IES Lauro Olmo do Barco ata o 7 de novembro

 

A un mes da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, chega ao IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, a exposición “Á Violencia de Xénero Dille NON”, unha iniciativa da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, no marco do Acordo de Colaboración asignado entre este departamento e a Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, ao que se uniu o Concello do Barco.

A través dunha decena de láminas, a exposición amosa diferentes maneiras de exercer a violencia que case sempre adoitan pasar desapercibidas para quen a sufre. Control, manipulación, abuso, extorsión, chantaxe emocional… presentadas en formato de banda deseñada para que a mocidade, principal destinataria da mostra, aprenda a identificar as condutas tóxicas en parella e poida rexeitalas e incluso rebelarse contra elas.

 

O concelleiros de Servizos Sociais e a directora do instituto, na inauguración da exposición.

 

Sensibilizar á mocidade na construción dunha sociedade na que a liberdade, a tolerancia e o respecto sexan a base das relacións, dunha sociedade que faga fronte á submisión, á desigualdade e á violencia, son outros dos obxectivos que se pretende alcanzar con esta exposición.

A inauguración tiña lugar na mañá deste venres 27 de outubro por parte da directora do Instituto, Amparo Quiroga e do concelleiro de Servizos Sociais do Barco Orlando Saavedra. Poderá verse ata o 7 de novembro e está aberta ao público en xeral, no horario de apertura do centro de ensino.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button