Na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco pode visitarse dende onte, 29 de setembro, a exposición titulada “Compromiso na distancia”, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e da que é protagonista o escritor valdeorrés ao que se dedicou este ano o Día das Letras Galegas e que dá nome á bibliotea.
A mostra estará neste espazo ata o día 20 de outubro, e poderá visitarse no horario habitual da biblioteca, de luns a venres, de 9,45 a 13,00 horas, e de 16,30 a 20,30 horas, e os sábados desde o 8 de outubro, de 10 a 13,00 horas. Para as visitas de centros escolares ou grupos, podese solicitar no correo electrónico seguinte: concelleria.cultura@concellodobarco.org, ou chamando ao teléfono 988320202, na extensión 1131.