En torno ao cento de fermosos cabalos enchían na xornada deste sáabdo a localidade zamorana de Porto de Sanabria nunha nova edición da feira equina que nos últimos anos está a contar cunha alta participación dos veciños de Porto e os turistas que veñen de Zamora e de Galicia, tal como asegura o alcalde da localidade ‘portexa’, Francisco Blanco.
Dende primeira hora da mañá, decenas de cabalos enchían o paseo fluvial de Veirourrio pero ademais de poder ver fermosos exemplares equinos, os visitantes puderon gozar do polbo a feira e dun mercadiño tradicional.
A seguinte cita de Porto coa gandería será a finais de agosto cunha nova edición da feira de gando bovino coa raza Alistano-Sanabresa.
Fotos e vídeos cedidos.