Cita coa música nesta tarde de 27 de xullo na Casa de Cultura de Viana. A partir das 19:30h. iniciábase o programa da XVIII Mostra de Corais que organiza o Orfeón Vianés. Os primeiros de actuar ante o público eran os integrantes da Coral Aqua Música de Parada de Sil, despois subíanse ao escenario os membros da Coral Benaventana e, finalmente, a formación anfitrioa, o Orfeón Vianés.
Cada unha das formacións musicais interpretaba varias pezas nun repertorio que acostuma completarse cunha actuación conxunta das corais participantes.
Fotos: O SIL.
