CulturaCulturaÚltima hora

A muller, eixo temático das “III Xornadas de Novela Histórica” da Biblioteca de Verín

Este evento, que traerá á vila oito ponentes de primeiro nivel nesta temática, celebrarase do 27 ao 28 de marzo

Presentación destas xornadas na Biblioteca de Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

Do 27 ao 28 de marzo Verín será de novo o referente cultural da novela histórica. A vila acollerá as III “Xornadas de Novela Histórica” que promove a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, contando coa presenza de destacados nomes neste eido.

O seu programa vén de presentar na mañá deste mércores 12 de febreiro na Biblioteca nun acto que contaba coa presenza do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, da concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, e dos responsables da Biblioteca de Verín e organizadores do evento, Aurora Prieto e Vicente Rodríguez, quen nesta edición márcaronse como principal obxectivo “visibilizar e por en valor o papel da muller ao longo da historia”.

«A historia escribírona os homes na inmensa maioría e esqueceron ás mulleres , é unha materia todavía pendente, por eso este ano quixemos que elas foran as protagonistas nas III Xornadas de Novela Historia», explicou Aurora Prieto. Preténdese que esta cita resulte “ineludible para todos os amantes de este xénero literario, é unha magnífica oportunidade de escoitar a autoras e autores que sempre están nas listas dos libros más leídos», en palabras de Emilia Somoza.

Segundo destacou Vicente Rodríguez, «nesta terceira edición contaremos presencia, entre outros, de escritoras e escritores de grande prestixio» coma Luz Gabás, autora de Palmeras en la nieve e Regreso a tu piel; María Vila co seu libro La leyenda de las dos piratas, onde, nunha época gobernada por homes, dous mulleres rebélanse contra a vida que lles corresponde vivir en busca de liberdade; María Solar autora galega de Os nenos da variola, e As horas roubadas; Eva Díaz, que nos falará sobre como escribir novelas históricas dende a perspectiva feminina, e autora de El color de los ángeles. Finalista Premio Nadal 2008; ou Rosario Raro autora de Volver a Canfranc, onde a protagonista é unha muller valente, loitadora que arrisca a súa vida por os demais.

Haberá tamén unha interesante mesa redonda que, sen dúbida, non defraudará aos amantes da novela histórica, e que contará coa presenza Javier Sierra, José Calvo Poyato e José Luis Corral; e coma na pasada edición, os autores farán os seus correspondentes percorridos pola historia e a novela acompañados pola música do luthier e trobador, Emilio Arias.

Para finalizar, Gerardo Seoane quixo destacar a importante achega que supoñen devanditas xornadas á axenda cultural da vila «como así o demostran o rotundo éxito de participación alcanzado na segunda edición con case un milleiro de asistentes. Desde o grupo de goberno seguimos a traballar en converter a nosa vila nun referente a nivel cultural organizando eventos temáticos punteiros na súa materia e sempre de gran calidade».

+ info: http://www.novhis.bibliotecadeverin.es

Programa do Ciclo de Conferencias: Auditorio Municipal de Verín

Venres 27 de marzo:
Mañá:
11:00h. Presentación
11:05h. Intervención musical de Emilio Arias.
11:10h. Rosario Raro, José Calvo Poyato e José Luís Corral: Seminario “Mulleres na historia” dirixido aos centros de ensino, 3º e 4º ESO.
12:15h. Intervención musical de Emilio Arias.
12:20h. Clausura mañá.

Tarde:
19:30h. Intervención musical de Emilio Arias.
19:35h. Inauguración.
19:40h. Intervención musical de Emilio Arias
19:45h. Rosario Raro: “Da pegada dunha carta a Desaparecida en Siboney: mulleres protagonistas nas miñas novelas.”
20:20h. Intervención musical de Emilio Arias
20:25h. Eva Díaz: “Escribir novelas históricas desde a perspectiva feminina”.
21:00h. Intervención musical de Emilio Arias.
21:05h. Clausura tarde e firma de libros.

Sábado 28 de marzo

 12:00h. Intervención musical de Emilio Arias.
12:05h. María Vila: “Mulleres piratas no século XVI”.
12:40h. Intervención musical de Emilio Arias.
12:45h. José Luís Corral: “Mulleres da historia á novela: Tres mulleres na vida de Carlos de Austria”.
13:25h. Intervención musical de Emilio Arias.
13:30h. Clausura da mañá e firma de libros.

Tarde:
18:30h. Intervención musical de Emilio Arias
18:35h. “As damas nas novelas sobre o Santo Grial”, Mesa Redonda con Javier Sierra e Jose Calvo Poyato, modera José Luís Corral.19:30h. Intervención musical de Emilio Arias.19:35h. María Solar: “Os nenos da viruela. A maior expedición filantrópica da historia da humanidade”.
20:10h. Intervención musical de Emilio Arias.
20:20h. Luz Gabás: “As mulleres nas miñas novelas: de Palmeras na neve ao latexado da terra”.
21:00h. Intervención musical de Emilio Arias.
21:05h. Clausura e firma de libros.

 

Artigos relacionados

Back to top button