CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A música e danza folclórica de Bolivia, Tahití e Ucraína, mañá no Aguillón da Rúa a partir das 22:30h.

As XXXVIII Xornadas de Folclore percorrerá a provincia ata o 16 de agosto

Xornadas de Folclore na Rúa o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

As XXXVIII Xornadas de Folclore de Ourense, organizadas   pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, comezaron hoxe o seu percorrido cunha colorida cerimonia inaugural no Teatro Principal.

Ata o próximo 16 de agosto as agrupacións Amazebra (Sudáfrica); Bafopaz (Bolivia); Tungurahua (Ecuador); Hui Shou “Ofi” (Tahití); Bafolse (Arxentina) e Poltava (Ucraína) amosarán as danzas e música tradicionais dos seus territorios en 16 vilas ourensás en horarios de 20:30, 22:30 e 23 horas.

As Xornadas inician mañá o seu periplo pola provincia ourensá en Bande e A Rúa. A música e a danza dos grupos Tungurahua (Ecuador), Amazebra (Sudáfrica) e Bafolse (Arxentina) invadirán a Praza da Constitución de Bande, a partir das 20:30 horas.

A cita na Rúa será coma sempre no Aguillón, a partir das 22:30 horas. O folclore de países tan alonxados entre sí como Bolivia, Tahití e Ucraína amosará as súas raíces propias nesta primeira cita das Xornadas coa provincia ourensán a través do traballo dos grupos Bafopaz, Hei Shou Tahití “Ori” e Poltava, respectivamente.

Artigos relacionados

Back to top button