CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A música envolverá a Casa da Cultura de Viana co Festival de Nadal de Candea

Será o 21 de decembro a partir das 19:30 horas

Candea no Festival Santa Cecilia./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A música, de diferentes estilos, será a protagonista do Festival de Nadal de Candea que se celebrará o vindeiro xoves 21 de decembro na Casa da Cultura de Viana do Bolo.

Será a partir das 19:30 horas e contará con varias agrupacións: os alumnos de piano das Escolas Musicais do Concello de Viana do Bolo e da Escola de Música de Candea, a Banda Escola de Música de Candea e a Coral Polifónica Candea.

O evento está organizado pola Coral Polifónica Candea e conta coa colaboración do Concello e da oficina de Viana do Santander.

 

Artigos relacionados

Back to top button