ConcellosÚltima hora

A música, protagonista da “Festa da vendima” en Éntoma

 

A música envolvía Éntoma na tarde e noite do sábado 5 de outubro. Esta localidade barquense retomaba, despois de anos, o costume de celebrar nestas datas a nova colleita de uva. Así en “Éntoma na porta de Neira” iniciábase a partires das sete da tarde a “Festa da vendima” ao ritmo dun pasarrúas de música tradicional e de cantos de taberna con “Os Parrandas de Córgomo”, que percorrían a localidade.

Despois, os veciños de Éntoma podían cantar e bailar ao ritmo de Os Broders, coñecidos temas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button