CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A música tradicional de Treixadura, no Barco o 5 de abril

Esta agrupación galega presentará este venres a partir das 21h. o seu novo traballo “Inda canto!” no Teatro Lauro Olmo
Imaxe dunha actuación de Treixadura./ Foto: treixadura.gal.

Música tradicional en estado puro da man dunha das agrupacións de referencia na música galega. Sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco Treixadura presentará este venres 5 de abril a partires das 21h. o seu novo traballo “Inda canto!”.

Esta formación iniciaba xa en 1990 un proxecto no que aposta pola recuperación da música tradicional e que, ao mesmo tempo, “representa unha achega á cultura a través das súas composicións e a recuperación de pezas e cancións populares”, segundo eles mesmos din. E iso partindo de dúas “concepcións ben arraigadas na tradición galega: o canto e a gaita”.

Tras 28 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado e unha variada gama de colaboracións discográficas, Treixadura presenta agora en Valdeorras o seu sétimo e último disco “Inda canto!”. As entradas (cun prezo de 5 euros) poranse á venda unha hora antes do concerto na billeteira do Teatro e poden adquirirse con antelación na tenda TonySon. Esta actuación forma parte da programación da Rede de Auditorios da provincia de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button