ConcellosO BarcoÚltima hora

A neve complica a circulación na OU-122 á altura de Casaio

Publicidade

 

A meteoroloxía segue complicando a circulación por algunhas estradas de montaña da provincia. Segundo a Dirección Xeral de Tráfico, a circulación é “difícil” na estrada OU-122 á altura de Casaio (Carballeda de Valdeorras) desde o km 24 ao km 26 en ambos sentidos cara León.

Ademais a DXT advirte de que en condicións difíciles de circulación está prohibido o tráfico de camións e articulados, así como o de autobuses e é obrigatorio o uso de cadeas ou de neumáticos de inverno.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button