EconomíaEconomíaSen categorizar

A noite vístese de branco o 20 de xuño no Barco

O Barco CCA pon en marcha a campaña “Noite Branca” coa participación de case 30 establecementos
Detalle do cartaz desta campaña do Barco CCA.
Detalle do cartaz desta campaña do Barco CCA.

Uns 27 establecementos da vila sacarán os seus produtos á rúa, cun 20% de desconto e agasallando ao público con degustacións, na noite do 20 de xuño. Será no marco da nova campaña “Noite Branca no Barco”, que promove o CCA desta localidade. Trátase dunha orixinal proposta na que a idea é “aproveitar as boas noites de verán no Barco para ofrecer descontos e animar aos veciños a saír ás rúas a coñecer os comercios. Ademais a promoción pretende chegar á clientela dos arredores para que, atraída pola novidade, decida pasar unha noite agradable comprando nos establecementos, paseando polas rúas do Barco e disfrutando das actividades de animación. Os establecementos gañarán novos clientes, realizarán vendas a usuarios que non dispoñen dun horario comercial habitual para comprar e poderán mostrar os seus produtos a todos os veciños e turistas que pasean polas rúas nestas datas”, indica o presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez.

O programa comezará a partires das sete da tarde na praza do Concello con espectáculos a cargo de Troula Animación, cos que se percorrerán ás rúas dos locais participantes, que se engalarán de branco para a ocasión: Azul y Rosa, Super Onda, De Buena Tinta, Deportes Sport, Miranda X e Miranda M, Ana de la Puente Perfumería e Estética, Deportes Tri-Sport, Ana Óptica, Can-Can, Perfumería Pamen, Interópticas Versa, Flores Esnat, Mhussk, Pizpireta, Garoba, Librería Murciego, Prenda Outlet, Boutique Suá, Estética Rocío Carracedo, Moral Zapatería, Bar A Cova, Artesanía Cousanosa, Mayayo, Vinun, Tapería al Natural e Confecciones Elena. Ademais nos bares participantes serviranse pinchos de paella e haberá unha zona chill out.

A música chegará da man do grupo de gaiteiros Celtas Largos e dunha singular proposta: un Flahsmob (danza espontánea) a cargo de Bayadere Academia de Danza ás 20:30h. na praza do Concello e ás 22h. no Paseo do Malecón. Os pasos da peza poderán aprenderse a través dun video colgado na web do CCA: http://www.obarcoccaberto.com.

A partires da medianoite a festa trasladarase ata o Paseo do Malecón (nas proximidades do Casino), onde haberá unha discoteca móbil.

Texto: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button