CulturaCulturaÚltima hora

A obra “Lerele”, que conta a conexión de Lola Flores con Galicia, o 12 de abril no Barco

Este espectáculo de Bala Perdida poderá verse a partir das 21h. no Teatro Lauro Olmo da vila

“Lerele” é unha peza teatral de Bala Perdida que conta a conexión entre Lola Flores e Galicia, a través de Cesáreo González, o empresario vigués que a levou á fama. Poderá verse sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco o venres 12 de abril ás 21h.

Con dirección e autoría de Ana Contreras, está obra conta cun elenco artístico formado por Cecilia Vázquez, Pablo Novoa. A coreografía é de Mariola Puga e Paola Torregrassa e a música de Pablo Novoa.

“Lerele” é a historia dunha nena que sente a súa vida transformarse cando ve na televisión a Lola Flores no programa de Fin de Ano de 1982. Ese episodio da infancia acaba determinando a súa vida como artista. Despois, as casualidades e a familia farán que os camiños daquela nena e da “faraona” se crucen e confundan para atoparse neste espectáculo.

 

Artigos relacionados

Back to top button