Xusto unha semana despois da celebración do Rosario adicado á Virxe (o primeiro domingo de outubro), unha das eucaristías máis concorridas na que ademais da misa se reza o rosario, o Santuario das Ermitas (concello de O Bolo) acollía a Octava do Rosario.
Á eucaristía, celebrada na mañá deste domingo 9 de outubro, asistían de novo numerosos fegreses que acudían ao santuario para render culto á Virxe dende diferentes municipos (O Bolo, A Rúa, Viana do Bolo,…). Algúns incluso o facían a pé.
Fotos: Carlos G. Hervella.