A RúaConcellosÚltima hora

A oficina de turismo da Rúa estará atendida por voluntarios do proxecto ‘Xacobeando’

Oficina de turismo da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Pechada dende comezos de agosto, a Oficina de Turismo Valdeorras-A Rúa volverá abrir as portas proximamente pasando a estar atendida por voluntarios do Xacobeo. Así o aseguraba o alcalde rues Álvaro Fernández, no pleno celebrado este luns 5 de agosto, en resposta a unha pregunta da portavoz do  BNG, María G. Albert, que cuestionaba sorprendida o feito de que estivera pechada no mes en que A Rúa recibe máis visitantes.

O alcalde respondía asegurando que estiveron mantendo a pertura da oficina con fondos municipais á espera dunha subvención que chegou tarde polo que tiveron que pechar pero volverá abrir e será atendida polos voluntarios “que tamén atenderán aos peregrinos”, engadiu.

 

 

Xacobeando é un proxecto de equipos de voluntarios en zonas prioritarias dentro do Cuerpo Europeo de Solidaridad, posto en marcha pola Xunta para promover a solidariedade no Camiño de Santiago. Tal como avanzan dende o Concello, un deses equipos de voluntarios, xunto co seu supervisor, xa está na Rúa para comezar o seu propósito: achegar a súa forte motivación para construir un impacto positivo na comunidade e nos peregrinos que realizan o Camiño.

“Durante os dous meses deste percorrido, cada un deles será un veciño máis da nosa localidade, impulsando en equipo diversas actividades de dinamización das que tod@s formaremos parte: veciños, visitantes, asociacións, centros educativos, residenciais…etc”, explican dende o ente local.

Artigos relacionados

Back to top button