A RúaConcellosÚltima horaVilamartín

A oficina de turismo da Rúa propón un paseo pola historia de Vilamartín e a vida no Castro de Valencia do Sil

Será o vindeiro domingo 26 de xuño a partir das 10 e contará co arqueólogo Santiago Ferrer

Intervención arqueolóxica no Castro de Valencia do Sil (Vilamartín)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tralo éxito de participación na anterior actividade por Petín con 35 inscritos, a Oficina de Turismo Valdeorras-A Rúa propón un novo ‘Paseo con historia’ desta volta por Vilamartín e a vida no Castro de Valencia do Sil.

Será o vindeiro domingo 26 de xuño e partindo ás 10 horas dende o casco urbano de Vilamartín (o punto de encontro será diante da igrexa parroquial), a andaina levará aos asistentes polo centro da vila para coñecer historias como a do adade Ruíz de Padrón, paseando polo Bañadoiro ata chegar ao Castro de Valencia do Sil onde, coa axuda do arqueólogo Santiago Ferrer, coñecerán a historia e vida neste asentamento.

Como vén dendo habitual nestes paseos organizados dende a oficina de turismo da Rúa, a xornada rematará coa visita a unha cova típica e catando viños da Adega D’Berna.

Coma sempre, trátase dunha actividade gratuíta e con prazas limitadas. Reservas na propia oficina de turismo e no teléfono: 624 40 18 00.

 

Artigos relacionados

Back to top button