A Oficina de Turismo Valdeorras-A Rúa pechará o vindeiro domingo 31 de xullo a tempada de ‘Paseos con historia’. E faráo cunha nova pequena andaina por Petín, na que Luis Carrón e Soledad Figueroa contarán aos asistentes algunhas das novidades sobre a Vía Nova. Tamén “pasearemos pola estrada de Barxela para coñecer historias do noso pasado”, din dende a oficina.
Coma sempre, a historia será a protagonista deste paseo pero o viño e a gastronomía tamén estarán presentes, rematando a andaina degustando viños da Adega Sampayolo e empanadas da Panadería Querol na chaira do Ramiriño.
O punto de encontro será a Ponte da Cigarrosa, entre A Rúa e Petín, ás 10 horas.
Trátase dunha actividade gratuíta con prazas limitadas. Reservas na propia oficina de turismo e no teléfono 624 401 800.