CulturaMúsicaÚltima hora

“A organeta de Pulpiño Viascón” chega ás rúas de Parada de Sil

Terá lugar mañá, sábado 8 de agosto, a partir das 19:00 horas

“A organeta de Pulpiño Viascón” chega mañá, sábado 8 de agosto, ás rúas de Parada de Sil. Esta actividade está enmarcada dentro das actividades culturais de verán e dará comezo ás 19:00 horas.

A organeta é un instrumento musical mecánico de época, utilizado para ambientar feiras e festas populares galegas, un órgano de barbaria inglés de adopción galega, construído nos anos 20 e restaurado nos 80 en Bristol, Inglaterra.

 

Cartel da actividade.

 

Dende o Concello apuntan que o espectáculo consistirá en “música mecánica en movimento, xa que le libros de música dándolle a unha manivela, ten un serrucho máxico de Pulpiño Viascón e un adorable paxaro-títere”.

Artigos relacionados

Back to top button