ConcellosViana do Bolo

A orquestra Função Públika volve a Viana do Bolo para as festas patronais

Actuará o 15 de agosto na praza Maior

Função Públika./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Cunha gan programación de actividades culturais e de lecer se presenta o mes de agosto en Viana do Bolo. Lúdicas, culturais, festivas e deportivas para todos os públicos e para todas as idades. Actividades de conciliación e lecer infantil como o Campamento de Verán, Inchábeis e Festa da Escuma, actuación musical de “Pakolas”, cine de verán, xogos e animación nos 80 Júnior, etc.

 

 

Mención especial mereceb as actividades que terán lugar durante as Festas Patronais na honra a San Roque e Asunción, entre as que se inclúen as Xornadas de Folclore, teatro, actuacións da Coral Candea e Bandas de Música, orquestras, a volta dos 80 e moitas actividades para o goce dos veciños e veciñas de Viana.

Por último, dende o Concello tamen salientan o papel relevante que o deporte toma novamente na programación, con eventos de importante calado a nivel autonómico e comarcal como o Campus do Atlético de Madrid e a XII Maratón de Fútbol Sala; e outros eventos novidosos como o Torneo de Baloncesto 3×3, ou a I Travesía a nado polo encoro do Bao.

 

Back to top button