Prometían o escenario máis grande de España e un dos mellores espectáculos e non defraudaron. 19 artistas entre acróbatas, cantantes e músicos, 120.000w, 400m de pantallas led, 500 robots, láser e pirotecnia, 44 metros de escenario, 11 de fondo, 14 de alto e pasarela de 8 m. Na madrugada do sábado 3 de agosto, tralo tributo a El Último de la Fila, a orquestra La Misión depregaba todo o seu potencial no abarrotado Aguillón rues conquistando ao público co seu espectáculo, simpatía e calidade.
Cun espazo ata a bandeira, con xente de todas as idades, o público da Rúa rendeuse ante a espectacularidade da orquestra que tamén destacou a calidez e entrega dos presentes que bailaron, cantaron e brincaron durante as tres horas que durou a actuación. Voces impresionantes interpretando temas de todos os estilos, cotentes coreografías e posta en escena. Simplemente espectacular.
Hoxe tócalle o turno á charanga Mekanika que fará o pasarrúas pola vila e xa no Aguillón, á orquestra Capitol e La Banda de Ayer.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver salvo as dúas últimas que son cedidas.






