ConcellosÚltima hora

A orquestra Olympus regresa a Córgomo

III Festa da Xuventude, o xoves 30 de abril a partires das once da noite
Asistentes á II Festa da Xuventude en 2014./Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á II Festa da Xuventude en 2014./Foto: Carlos G. Hervella.

Por terceiro ano consecutivo, a mocidade de Córgomo no termo municipal de Vilamartín de Valdeorras, decidía demostrar que o pobo está vivo e “móvese”. E para iso nada mellor que organizar unha nova edición da Festa da Xuventude na que a música será a protagonista. O xoves 30 de abril a partires das 23h. e baixo unha carpa por se o tempo non acompaña, os asistentes poderán disfrutar de varias horas de música ininterrumpida.

Se o ano pasado era a orquestra Panorama a que se achegaba ata Córgomo para facer bailar a mozos e maiores, nesta ocasión será a orquestra Olympus (outra nomeada agrupación) a que centre a festa, achegándose ata terras valdeorresas para poñer en escea o seu espectáculo musical.

Imagen 1

A exhibición de música, son e cor de Olympus será o reclamo da cita, pero non a única actuación da noite posto que tamén intervirá a orquestra Ciclón, como teloneira e tamén no descanso, co obxdectivo de que a música non deixe de soar.

Igual que nas edicións anteriores, no descanso da festa procederase ao sorteo de 500 euros entre todos aqueles que mercaran rifas.

Artigos relacionados

Back to top button