CulturaCulturaÚltima hora

A ourensá Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández por “Atlas”

Este galardón, concedido polo Ministerio de Cultura, está dotado con 20.000 euros

A poeta Alba Cid./ Foto: Loli Fernández. Cedida por Editorial Galaxia.

 

Alba Cid (Ourense, 1989), poeta e investigadora en poesía contemporánea, vén de facerse co Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández con “Atlas” (Editorial Galaxia). Este galardón, concedido polo Ministerio de Cultura, está dotado con 20.000 euros.

O xurado do premio destaca que a obra premiada constitue “unha reflexión sobre como a literatura elabora mapas da realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como problematización do mundo. É poesía tanto do coñecemento como da emoción, e presenta unha nova cartografía en que se funde o mapa do corpo co do planeta, a memoria e o enigma”. Tamén se resalta que é unha obra “escrita coa lóxica do asombro e chea de referencias culturais que se contemplan desde unha mirada excéntrica que fermenta en rebeldía.

Alba Cid ten participado en volumes como “Poética da casa” (2006) e a antoloxía de Apiario “No seu despregar” (2016). Ten publicado textos de creación e recensións nas revistas Grial, Luzes, Tempos Novos e Dorna, e é colaboradora da Radio Galega; ilustra e mantén un “Gabinete de curiosidades”.

Os seus poemas foron traducidos ao castelán, o grego, o inglés e o portugués, e apareceron enOculta Lit, The Offing e Poem-a-Day, serie web da Academy of American Poets. Na actualidade, encárgase do John Rutherford Centre for Galician Studies, da Universidade de Oxford.

 

Portada do libro “Atlas” de Alba Cid.

Artigos relacionados

Back to top button